CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

A Pontenova

02/05/2015 16:15 h

O set do programa “Aquí Galicia” estará instalado esta semana na Praza dos Fornos da Pontenova. O espazo da TVG visitará outros lugares desta localidade lucense como a Praza do Concellos e as minas de Vilaoudriz e tamén acompañará os pescadores no río Eo, que cruza A Pontenova.

Pero a auténtica protagonista desta edición do programa será a XXXVII Festa da Troita, declarada de Interese Turístico de Galicia, unha singular e xenuína celebración que atrae desde hai case 40 anos os pescadores  de toda Galicia, Asturias e outras comunidades para participar no concurso de pesca deportiva da troita.

No apartado gastronómico non podía faltar este peixe, pero o programa tamén lle dedicará un tempo ao salmón, o outro gran peixe de río. Quitando estes produtos, o prato máis característico da Pontenova é o faragullo, unha masa de fariña, ovo, leite e auga que se frite e logo se debulla, quedando presentada finalmente como se fosen unhas migas.

E como en toda festa que se prece non pode faltar a música, “Aquí Galicia” contará este sábado cun amplo e variado cartel musical, do que destacan os ex-recanteiros Patri da Silva e Marcos Roca, as orquestras Los Players e Costa Dorada, a Escola de Música da Pontenova e o grupo de baile tradicional Os Valuros. Tamén estarán hoxe no programa Ángel e Begoña, monitores de bailes de salón naturais do occidente asturiano, pero moi coñecidos en Galicia, onde imparten clases en diversas zonas da Mariña.

Atopar capítulo por: