CRTVG

Buscar

Cultura 10

A polémica

15/01/2011 15:28 h

O equipo de "Cultura 10" contará hoxe en que consistiron os detalles menos coñecidos da inauguración oficial da Cidade da Cultura, en Santiago, que se pretende proxectar como un símbolo da Galicia moderna, á que ademais do Goberno e de autoridades galegas asistiron os Príncipes de Asturias, internándose na construción do Gaiás e falando co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Ademais, no tempo da entrevista, a escritora Luísa Castro conversará con Miguel Von Hafe, director do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Noutras temáticas culturais, o programa falará dos chamados artistas a media xornada, como Levon Kendall, o xogador do Obradoiro CAB de baloncesto, que descobre a súa faceta artística de pintar, cantar e tocar o piano; ou Sally Torres, unha rapaza que manexa unha escavadora polo día e ensaia coa súa compañía de teatro pola noite. A reporteira estranxeira do programa, Ting Ting, visita nesta ocasión Guitiriz, en Lugo, para ofrecer a súa visión sobre a terra dos balnearios, das augas termais, das tortas e dos canteiros.

O programa atenderá tamén outro tipo de facetas artísticas, como un concerto dun grupo de percusión galego, "Odaiko", de Ourense, que sorprende cos seus ritmos modernos; a presentación da nova obra, musical por vez primeira, do Centro Dramático Galego, que conta coa interpretación de Luís Tosar, quen volve deste xeito ao teatro en galego; "Cultura 10" acode tamén en Pontevedra ao concerto do balé estatal ruso que representou "Cacanueces" e asiste á inauguración, na nova sede da Fundación Araguaney Puente de Culturas, da exposición do novo artista palestino Jad Salman, que é o punto de partida do novo proxecto destinado a promover a arte emerxente árabe e de Latinoamérica.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: