CRTVG

Buscar

Especial

A noite de Juan Pardo

04/06/2018 22:50 h

Programa especial sobre a vida e obra dun dos cantantes galegos máis internacionais. 
Neste biopic, a TVG afonda nas facetas máis coñecidas de Juan Pardo como intérprete, compositor e produtor. Unha viaxe a través da súa música desde que formou parte do grupo español Los Brincos ata a súa exitosa carreira en solitario, que comezou no ano 1969 con La Charanga. 
O especial tamén nos descobre a faceta máis persoal de Juan Pardo: o seu primeiro romance coa cantante Rocío Dúrcal; o amor polas súas fillas Lys e Teba, froito do matrimonio con Emy de la Cal; ou o pesadume polo pasamento de seu pai. 
Todo isto acompañado de testemuños de amigos do cantante e expertos en música, que fan unha análise da súa figura. Ademais, o programa repasa as súas actuacións máis icónicas en solitario e acompañado de artistas da altura de Ana Kiro, Rocío Jurado ou Paloma San Basilio.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: