CRTVG

Buscar

Especial

A noite de Gayoso

24/09/2018 22:15 h

En “A Noite de Gayoso”, a través dos seus testemuños, os espectadores poderán achegarse á súa infancia e xuventude, que transcorreu na Coruña, concretamente na rúa das Panadeiras. Nesta etapa onde descubriu a súa paixón pola música e polo deporte, dous mundos que lle darían moitas alegrías ao longo da súa vida.
Licenciado en Dereito, a súa carreira no mundo das leis desviouse cando se presentou ás probas de selección de presentadores nos inicios da Televisión de Galicia. Nesta casa, capitaneou programas como “Entre Nós”, “Corazonada”, “Adiviña quen vén esta noite” ou o innovador “O veciño do xoves”, do que se descubrirán todos os segredos.
Nesta listaxe non podía faltar “Luar”, o seu gran programa, un espazo que leva 27 anos en antena, polo que pasaron máis de 5.000 artistas e no que ocorreron numerosas anécdotas. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: