CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

A Moncloa de Burela

04/03/2018 15:45 h

Moncloa é o club social dos mariñeiros de Burela. Está emprazado no edificio que albergou a antiga lonxa e os seus socios, 114 homes e mulleres, son persoas que traballaron o mar e tamén amantes da cultura mariñeira. Aquí reúnense para lembrar a vida no mar e sacar á superficie a tradicional sabedoría mariñeira. Este ano teñen que celebrar que fan dez co local aberto.

Carlos Peinó é o secretario da Moncloa e conta como naceu a idea do club. Antonio Valle fala da súa vida no mar; mentres que, co patrón Jesús García “Moá” vemos como o mar segue presente no pensamento dos vellos lobos de mar. 

Rufino Quiroga remóntase aos tempos do barcos de vapor. Felicitas Eijo é a memoria viva de todas as mulleres dos mariñeiros de Galicia, nunha época onde o mar era moi distinto, porque os barcos non tiñan nin as comodidades nin a seguridade de hoxe. 

Ademais, o equipo do programa come bonito de Burela cociñado por Amelia Villasante, do restaurante da lonxa de Burela. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: