A miña familia pola túa
Programa 1: Celia e Mary
Dúas familias opostas. Unha, defensora da comida tradicional galega e outra, dunha alimentación moderna máis saudable. As nais intercambian as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia.
Celia, a nai gandeira do concello de Rois, é unha defensora a radical da comida tradicional galega. Os alimentos procesados e envasados en plásticos non entras na súa casa. Todo o que a familia consome procede da súa explotación: leite fresco das súas vacas rubias galegas, ovos das súas galiñas criadas con cariño e todo tipo de verduras e hortalizas recentemente recollidas que cultiva, seguindo os métodos ancestrais, sen ningún tipo de aditivo químico. Asegura que na súa casa comen "como se come en Galicia, como auténticos todos, a fartura". Habitualmente cociñan filloas e churrasco na lareira, que aínda conservan na casa. Será capaz de aceptar unha alimentación que ela cualifica como "para astronautas"? Conseguirá inculcar a súa paixón polo menú enxebre? Superará o reto que aceptou?
Mary é unha nai que defende unha alimentación alternativa, "moderna" segundo a cualifica ela, sen graxas, sen lácteos de orixe animal e sen azucres. Na súa casa cociñan carnes, pescados e verduras á prancha que complementan con suplementos alimenticios e batidos de diferentes sabores que fan as delicias dos seus fillos e que axudan a que o seu marido perdera 16 kg de peso. Mary é unha muller que considera que a dieta e o deporte son fundamentais para unha boa saúde e así o aplica na súa familia e na súa propia vida. Como se desenvolverá nunha casa en que a reciben cunha gran torta a base de ovos, azucre e leite fresco de vaca? Cambiará os seus costumes alimentarios? Conseguirá convencelos para facer deporte? Que ocorrerá cando estas nais impoñan as súas propias normas? Adaptaranse as familias vivir baixo unhas normas que son totalmente contrarias as súas?