CRTVG

Buscar

A miña familia pola túa

Programa 11: Alberto e Pepe / Denís e Rosa

17/03/2021 22:30 h

Unha familia dedicada a un oficio tradicional e outra que desenvolve un novo modelo de traballo, deberán intercambiar as súas vidas durante unha semana. Alberto é zoqueiro, como foi o seu pai e o tío. Continúa coa tradición na casa familiar de Alfoz, onde vive coa nai, Carmen. O taller atópase a escasos metros do fogar e dende alí saen as zocas que percorren todo tipo de eventos e feiras. Para poñer en valor este oficio, o rapaz interpreta diferentes personaxes, dende o zoqueiro peregrino ao bárbaro.

Rosa e o seu sobriño Denís son de Vigo e a súa vida foi evolucionando ao tempo que a cidade medraba. A tía, que viaxou por medio mundo e é un espírito ceibe empapado de culturas, desfruta da vida na urbe, mentres o seu ollo dereito traballa como consultor de negocios. Unha axenda perfectamente organizada onde se reparte a xornada con reunións, videoconferencias, despacho e asesoramento a clientes. O que lle queda vai para o deporte, unha necesidade que pode saciar correndo, nun partido de paddle ou experimentando algunha disciplina extrema.

 

Atopar capítulo por: