CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

A memoria de Massó

06/08/2017 16:15 h

“Pescadores de Historias” viaxa esta semana ata Bueu e Cangas para narrar a historia destes portos. Todo comezou en 1816 cando o catalán Salvador Massó instalou unha fábrica de salgadura en Bueu.

As fábricas das que fala o programa iniciaron a súa actividade nesta vila en 1926 e en Cangas en 1941. No momento de maior emprego, chegaron a ter entre as dúas máis de 2.000 traballadores e traballadoras, o que dá idea da súa importancia social para o Morrazo. Na década dos anos 90 foi cando pecharon definitivamente. 

A memoria de Massó gardase no museo que dirixe en Bueu Covadonga López. É n dos museos máis importantes da cultura mariñeira de Galicia e a directora explica o que supuxo para o Morrazo desde o punto de vista social, xa que chegou a, practicamente, non haber familia de Bueu ou Cangas que non tivera un membro traballando nalgunha das dúas fábricas. 

X.H. Rivadulla Corcón tamén conversa cunha antiga empregada, Fita Malvido, que entrou a traballar sendo unha nena, con só 14 anos; Carmiña de Saa, quen tamén traballou en Massó en Cangas desde os 12 anos; Manolo Romero, que nesa mesma factoría exerceu como xefe de mantemento; e con Manuel Aldao, que foi xefe de persoal das dúas fábricas.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: