Especial
A mellor empanada do mundo
27/06/2017 22:30 h
O programa da TVG viaxará á capital de Galicia, onde o xornalista Miguel Vila falará da milenaria historia da empanada galega. O percorrido continúa na cidade da Coruña para presentar a Tere, unha experta que prepara unhas deliciosas empanadas de xoubas e pementos. En Santiago de Compostela traballa Verónica, unha rapaza que fai as empanadas de congro seguindo unha receita con décadas de tradición. E no concello de Carral, Juan Carlos ten preparadas unhas espectaculares empanadas de bacallau e polbo.
A de millo é unha das empanadas máis sabedeiras que temos. En Rianxo saben ben como facela, cunhas boas xoubiñas ou con calquera tipo de carne do país.