CRTVG

Buscar

Labranza

A madeira como material de construción

30/08/2015 14:00 h

 A madeira estáse a converter nun dos materiais máis aprezados na construción. Sen embargo, e malia ser Galicia a principal productora forestal do Estado, o uso da madeira nas edificacións aínda segue a ser visto con desconfianza por algúns. PEMADE, a Plataforma de Enxeñería da Madeira Estructural da Universidade de Santiago, localizada na Escola Politécnica Superior de Lugo, estáse a converter nun dos principais referentes desta aposta, coa organización dun Máster sobre enxeñería da madeira, en colaboración con Confemadera-Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: