CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

A Lanzada, Covas e Baltar

05/08/2018 23:30 h

“Aquí hai Praia” visita A Lanzada no Grove, pioneira en lucir bandeira azul na nosa comunidade. Esta praia de 2 quilómetros de lonxitude conta con areas brancas e finas, un mar paradisíaco e un paseo de madeira moi cómodo; ademais, ofrece actividades náuticas (surf, paddle, kayak, pedaletas,…) e diversos servizos de restauración para pasar un día completo e diferente.
Cara ao norte, “Aquí Hai Praia” pisa a praia de Covas, en Viveiro. Ten 1.5 quilómetros de lonxitude e é perfecta para aqueles que gustan de dar grandes paseos marabillados pola beleza que ofrece o lugar.
E, para finalizar, o programa acode á praia Baltar en Sanxenxo, nun municipio turístico por excelencia. Un amplo areal urbán que conta cunha área de campismo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: