CRTVG

Buscar

Somos ben curiosos

A internet

19/03/2015 23:30 h

Ao programa “Somos Ben Curiosos”, que busca respostas, sinxelas e efectivas, sempre de forma activa, sobre como somos os galegos e sobre como funciona todo o que nos rodea, tócalle hoxe pasar o “rato” entre ordenadores. Hainos de todos os tipos: de mesa e portátiles, grandes e pequenos... E todos están conectados á internet para facer a vida máis doada.

Ademais de gaitas, pandeiretas e acordeóns, existe outro instrumento que marca o compás dos músicos: a Internet. “Somos Ben Curiosos” coñecerá algunha das novas profesións que circulan pola autoestrada da información, ao mesmo tempo que comprobará que a rede de redes tamén se pode tecer co mesmo fío que as prendas de moda.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: