CRTVG

Buscar

Anacos de vida

A Illa de Arousa

21/12/2019 19:00 h

A meirande parte das fotografías que imos descubrir na Illa de Arousa foron tomadas antes de que as súas veciñas e veciños tivesen acceso a terra pola famosa ponte inaugurada nos anos 80. Por iso, neste capítulo de Anacos de Vida, imos coñecer a profunda e fermosa relación deste pobo co mar.

No programa de hoxe imos coñecer a historia dunha das veciñas máis famosas da illa de Arousa, Benita, unha auténtica loitadora polos dereitos das mulleres traballadoras do mar nun tempo no que non era nada doado facelo. Percorreremos a illa co noso equipo de investigadores para descubrir quen é o protagonista da foto misteriosa, un personaxe que formou parte dun acontecemento histórico moi importante nestas terras.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: