CRTVG

Buscar

Cuestións persoais

A historia de Puri e Luís

03/10/2016 23:30 h

“Cuestións Persoais” é un programa que trata de buscar unha saída a conflitos familiares e persoais e tamén empresariais e profesionais: rupturas matrimoniais, enfrontamentos familiares, problemas laborais… Con historias reais en que calquera espectador se pode reflectido, “Cuestións Persoais” ofrece as ferramentas para afrontar esas circunstancias e aprender a saír delas.
As pioneiras do coaching en Galicia e fundadoras da empresa Identia, Teresa Hernández Armentia, especializada en crecemento persoal e familiar; e Nelly Rey, experta en crecemento profesional e empresarial, son as encargadas de facilitarlles esta tarea aos protagonistas nos seus propios e íntimos espazos.
No primeiro programa, coñecemos a historia de Puri e Luís, un matrimonio de Barbadás que atravesa unha crise de parella a raíz da enfermidade que padece ela.
Coa axuda da coach Teresa Hernández, descobren que mellorar a comunicación e a empatía son as mellores ferramentas para recuperar a complicidade. Un proceso que non é doado e que os obriga a poñerse no lugar do outro en nome do amor.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: