CRTVG

Buscar

Casamos!

Lúa e David

20/02/2011

Lúa e David son unha parella que representa un modelo de perfección: novos, guapos e con boa posición, que deciden casar e trasladarse a vivir xuntos a Oleiros (A Coruña). Por medio de entrevistas aos noivos, á familia e aos amigos, o espectador vai coñecendo os detalles deste enlace, en que os noivos, conscientes de que a falta de tempo xoga na súa contra, contratan os servizos dunha organizadora de vodas que lles axude a atar todos os cabos para lograr unha cerimonia inesquecible.

O público poderá coñecer de forma contrastada as opinións da parella sobre os problemas que suscita o enlace e o xeito de celebralo, nun caso en que as familias preparan unha morea de sorpresas emotivas, malia que os noivos tan só terán unha preocupación na cabeza, que os obsesionará ata o gran día.

O amor, as relacións de parella, a familia e as vodas son aspectos sentimentais da vida e tamén da sociedade que nos achegan a todos, por iso o novo programa, familiar, proponse amosar o universo que se crea en torno á celebración dunha voda e como afecta esta aos noivos e á familia de ambos os dous.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: