CRTVG

Buscar

Casamos!

Almudena e Javi

03/04/2011 15:46 h

A historia da doce Almudena e do riseiro Javi, unha relación que comezou con nata e continuou con merengue, froito de moitos días de ledicia, pero que tamén empregou moitas bágoas.

Por medio de entrevistas aos noivos, á familia e aos amigos, o espectador irá coñecendo os detalles desta relación, da que naceu unha filla, onde a rara enfermidade de Javi atrasou o enlace e tróuxolles numerosas preocupacións, aínda que nunca conseguiu borrar o sorriso do rostro de ambos os dous.

O espectador poderá coñecer de forma contrastada as opinións da parella sobre os problemas que suscita esta voda, en Quiroga (Lugo), en que, a pesar da insistencia de Almudena para non vestir de branco, a cor do seu traxe non será a maior sorpresa do día, xa que, se finalmente se pode celebrar, este enlace será calquera cousa menos previsible.

O amor, as relacións de parella, a familia e as vodas son temas sentimentais que transcenden o plano individual e que interesan a todos, por iso o programa proponse amosar o universo que se crea en torno á celebración dunha voda e como afecta esta aos noivos e á familia de ambos os dous.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: