CRTVG

Buscar

Documental

A herdanza de Juana

01/04/2021 23:50 h

Son máis de 140 anos os que pasaron dende que Dona Juana de Vega faleceu deixando todos os seus bens para a creación dunha Fundación que mellorara a formación dos agricultores da provincia da Coruña. Foron moitos os esforzos burocráticos, económicos, mesmo un forzado cambio de espíruto fundacional ata que o seu soño se fixera realidade. O documental amosa a materialización da preocupación de Juana de Vega pola modernización da agricultura e gandería en Galicia. Este documental pretende achegar ao público a figura de Juana de Vega así como a importancia do seu legado en forma de axudas e apoios o rural galego.

Atopar capítulo por: