Momentos G
A foto dunha paisaxe galega, de Julio Castro, a mellor panorámica do ano
22/09/2019 14:03 h
A mellor fotografía panorámica deste ano ten selo galego. Polo menos para os International Photography Awards americanos que decidiron que a serie Paisaxes do mundo merecía este recoñecemento.
O seu autor é un coruñés que leva desde 2015 compaxinando a súa paixón, a fotografía, co seu traballo, porque malia o que poida parecer polas súas imaxes e polos premios que vén acumulando nos últimos tempos, Julio Castro só é fotógrafo por afección.