CRTVG

Buscar

Eirado

A figura de Rosalía de Castro / Música coa soprano Laura Alonso

26/05/2013

A figura de Rosalía de Castro é a protagonista. Pemón Bouzas entrevista ao secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva, quen fala de como é considerada Rosalía máis alá das fronteiras españolas e de como é tratada a súa literatura nas universidades.

 O presentador de “Eirado” tamén conversa co poeta, profesor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quen presenta a súa edición crítica de “Cantares Gallegos”.

 No tempo dedicado ás novidades editoriais, o programa presenta a obra gañadora do Premio de novela curta Lueiro Rey: “Fin de poema”, do xornalista ourensán Juan Tallón. A novela afonda no derradeiro día de vida de Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik, tecendo un relato fragmentado e desordenado sobre as vidas dos catro poetas.

 Completan o espazo cultural a nova película do director Alfonso Zarauza, “Encallados”, e a exposición coa que o escultor ourensán Ramón Conde inaugurou as Torres Hejduk da Cidade da Cultura.

Música de Laura Alonso, a soprano galega máis internacional.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: