CRTVG

Buscar

Grandes lugares

A Feira e San Xoán de Ortoño

01/10/2017 23:45 h

A Feira é un gran lugar da parroquia de Santa María, no concello de Salceda de Caselas, na comarca de Vigo. É territorio de augardente, de muíños, de sobreiras e de carballeiras. O equipo do programa comprobará que tamén é terra de feira, de festa e de romarías e coñecerá As Donicelas, virtuosas da pandeireta, veciños que converten as raíces en arte e percusionistas que amenizan os seráns.
San Xoán de Ortoño é unha parroquia do concello de Ames, situada no Val da Maía, á beira do río Sar. Nesta aldea pasou a súa infancia Rosalía de Castro e desde alí, din que escoitou soar as famosas campás de Bastavales.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: