CRTVG

Buscar

Casa Manola

'A febre do ouro'

07/05/2019 00:55 h

Terceira temprada da comedia costumista Casa Manola, que regresa con convidados estelares como Xosé Ramón Gayoso, Cañita Brava ou Xosé Antonio Touriñán, entre outros moitos.

A posta en marcha dun pretensioso gastrobar e a chegada á vila dun peculiar terapeuta, interpretado polo cómico David Perdomo, dinamitarán a fráxil convivencia desta extravagante familia e do seu ruinoso negocio.

A casa de turismo rural será fonte de novos conflitos e á súa incapacidade para rexentala haberá que engadirlle unha chea de frenéticas e divertidas tramas argumentais que marcarán as vidas dos residentes en Casa Manola.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: