CRTVG

Buscar

A estiba

4:49

24/11/2019 22:00 h

A vinganza de Emilio contra César Longueira está en marcha. O cadáver de Silvia apunta directamente ao líder do porto e a comisaria Fortes non ten máis remedio que detelo. Despois de moitos anos a policía de Ardora colleu ao criminal máis buscado, pero aínda así, hai algo que non cadra. Cruz segue moi atenta ás manobras de Ramiro e sospeita da súa implicación no caso dalgún xeito. Despois de conseguir o parabén de Manuela, Cruz fará o imposible por achegar algunha relación do subinspector no coa morte de Silvia. Ao mesmo tempo, Antón, o máis pequeno dos irmáns Longueira, coñece todo o mal que fixo Salvador. A pesar das advertencias do seu irmán desde a comisaría, Antón propón un plan para sacar a César do cárcere e darlle un merecido a Salvador, algo que tamén aproba a súa propia nai. Despois de desfacerse de César e de arruinarlle a vida a Marcos, Emilio está a punto de conseguir o seu obxectivo. Ou iso é o que parece porque Mercedes non vai permitir que o seu marido saia vencedor nesta ocasión, e Ramiro, o fiel seguidor do ex comisario, tamén garda unha carta gañadora que pode usar contra o seu amo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: