CRTVG

Buscar

A estiba

Antes da tormenta I

03/11/2019 22:00 h

Un novo barco chega ao porto de Ardora. César e os seus homes prepáranse para unha nova descarga. Non son os únicos. Manuela activa unha operación sen precedentes para cazar a César durante o transporte. Pero durante a operación algo sae mal. César decátase da presenza policial e evita, por pouco, a intervención da comisaría. Ante un novo fracaso, a pantasma dunha toupa entre os seus volve aflora na cabeza de Manuela e coa axuda de Cruz organiza un plan para descubrila. Despois de anular a descarga, César tamén pensa que ten a un delator entre os seus e encarga a Salvador que o atope custe o que custe. Salva non tarda en establecer unha lista cos seus sospeitosos e os primeiros que ocupan os postos de saída son Lucas e Estela. Lucas non pode ser o delator, pero Estela, a filla de Castor, xa é outro cantar... Mentres tanto, o escandaloso vídeo de Marcos espallouse por toda a cidade. A vida pública e a carreira política de Marcos pende dun fío e o que é peor, a súa relación con Rosalía tocou fondo. Para Rosalía, a traizón de Marcos é imperdoable pero o que aínda non sabe é que todo responde a un plan do seu pai para afundir a Marcos, unha información que non tarda en coñecer e que ven da persoa que menos imaxinaría.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: