CRTVG

Buscar

Descúbreme

A comarca do Deza

14/09/2014 22:00 h

As terras da comarca do Deza, bañadas polo río de igual nome e polo Arnego, son hoxe o destino do programa “Descúbreme”. A fermosa fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, Ponte Ledesma ou o Observatorio Ramón María Aller serán algúns dos tesouros que poderán contemplar os espectadores nesta nova entrega do espazo da TVG, que visitará municipios como Lalín, Silleda, Agolada ou Vila de Cruces.

Como é habitual, o “descubridor” Colombo, interpretado por Ricardo de Barreiro, irá coñecendo os atractivos da comarca, ao tempo que terá que ir pasando diversas probas e descartando os tesouros que vaian aparecendo no seu camiño. A esta entrega dedicada ao Deza seguiranlle outros dous destinos máis, Ribeira e Compostela, como colofón a esta segunda temporada de “Descúbreme”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: