CRTVG

Buscar

Vivir aquí

A chamada do marisco

30/09/2017 15:45 h

O equipo do programa acompaña a mariscadoras e mariscadores a recoller ameixas, navallas ou mexillóns e entra en restaurantes de todo tipo, desde os máis accesibles ata os prohibitivos, para coñecer distintos xeitos de preparar o marisco.

O programa preséntanos unha especie pouco coñecida nos mercados español e europeo, pero que se vende como unha auténtica delicia en China e O Xapón, ata o punto de ser considerado o marisco máis caro do mundo: a orella de mar ou abalón.

Adeamais, “Vivir Aquí” achéganos a unha profesión non moi coñecida e relacionada co mundo do mar: a do “ferreiro dos mariscadores”, aquel que se encarga de confeccionar as súas esportas de xeito personalizado, con distintas formas e tamaños. 

 

Atopar capítulo por: