CRTVG

Buscar

No bico un cantar

A Carolina

29/01/2013

“A Carolina” é un tema tradicional con moitas versións, do que non se coñece nin o compositor nin a procedencia.

Foi o grupo Fuxan os Ventos o que popularizou a canción cando fixo a primeira gravación no ano 1978, no seu disco “Sementeira”. Logo, intérpretes tan dispares como Xocaloma, Astarot, María del Monte ou a London Simphony Orchestra introducírona no seu repertorio.

  Arredor desta peza hai multitude de suposicións sobre se a Carolina era unha peixeira e ata que estaba baseada na fermosa e sedutora Bela Otero. Ademais, no veciño Portugal tamén teñen a súa “Carolina”, de ritmo animoso e que comparte algunha estrofa similar.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: