CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

A Cañiza

20/02/2016 16:30 h

 “Aquí Galicia” estará o sábado na localidade pontevedresa da Cañiza, coñecida entre outras cousas pola calidade do seu xamón, que cada mes de agosto se exalta nunha multitudinaria exaltación gastronómica, que este ano chega á súa 50º edición.
No apartado gastronómico do programa, estarán igualmente presentes o lacón, que se servirá con petelo, é dicir, cunha guarnición de bolo de masa e algo de graxa, e mais a carne de caza. Degustaranse tamén xabarín e coello. 
Para amosarlle ao espectador A Cañiza e a súa contorna, “Aquí Galicia” percorrerá a serra da Paradanta e o famoso santuario da Franqueira. Tamén estará no museo de Diego de Giráldez, que acolle unha exposición monográfica do pintor, nado na vila; no centro de aeromodelismo Vuela a Vela Fontefría e co grupo de Especialistas de Hípica Celta da Cañiza.
O programa amenizará o seu percorrido polo municipio pontevedrés con música de dous ex-recanteiros do “Luar”: José Manuel Bastos, que interpretará o tema “Una mentira y un perdón”, e Karla Lima, que cantará “Para dicir adeus”. 
Estarán tamén no “Aquí Galicia” o grupo Garibaldi, as pandeireteiras Ruada de Randufe, a Escola de Música Moderna da Cañiza e a artista local Concha de Lumeda.

Atopar capítulo por: