CRTVG

Buscar

40º Norte: Camiño de Lobos

Programa 1

21/07/2015 22:30 h

Dez galegos deixarán atrás as súas vidas para enfrontarse ao descoñecido nunhas montañas tan maxestosas como esixentes. Como o lobo, terán que demostrar a súa forza física e mental para lograr a vitoria final: converterse no lobo alfa e obter un premio de 6.000 € en metálico. A gravación do concurso tivo lugar nos enclaves máis espectaculares das comarcas de Viana, Valdeorras e Quiroga.

Repartidos en dous equipos, vermellos e azuis, durante as próximas semanas enfrontaranse á climatoloxía en plena natureza, a unha dura convivencia, a retos de resistencia física e psicolóxica e a preciosas rutas pola xeografía galega. Trátase dunha aventura de oito etapas en que, día a día, proba a proba e un a un, irán quedando eliminados os participantes dos dous equipos ata chegar a unha gran final en que só tres persoas loitarán polo triunfo.

Os dez valentes teñen idades comprendidas entre os 26 e os 60 anos e proceden das catro esquinas da xeografía galega.

En cada etapa do programa disputaranse diferentes probas, un percorrido con varias dificultades en que demostrarán múltiples habilidades. Desta proba, denominada “A Meta”, un dos dous equipos acadará a inmunidade. En “O Desafío”, unha proba física de gran dureza, o equipo gañador obterá unha recompensa. Finalmente, en “O Reto”, o participante que o seu propio equipo nomee para abandonar o programa despois de perder a proba da “Meta”, terá a oportunidade de retar un compañeiro para enfrontarse nunha proba cara a cara. O que perda este reto será o que abandone o programa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: