CRTVG

Buscar

Especial

2015 en imaxes

27/12/2015 15:30 h

Resumo informativo do ano en imaxes que falan por si soas, sen necesidade de comentalas.

Os primeiros meses de 2015 estiveron marcados polo asasinato, de mans do Estado Islámico, de seis xornalistas do semanal francés de Charlie Hebdo. Tamén nesta primeira etapa se viviron unhas eleccións municipais históricas nas que xurdiron novas forzas nos gobernos municipais. A todo isto súmanselle numerosos casos de corrupción e a saída do cárcere do ex-tesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas.  

Na segunda etapa, a atención centrouse na crise dos refuxiados en Europa e a foto do neno Aylan morto na praia, que deu a volta ao mundo.

En Galicia, celebrouse un dos xuízos que congregou na porta dos Xulgados das Fontiñas a xornalistas de toda España, o xuízo polo caso Asunta no que Rosario Porto e Alfonso Basterra foron condenados por un xurado popular.

Todo isto remata co atentado en Francia na Sala Bataclán, facendo que o país galo entrase en estado de urxencia, e o posterior cumio polo clima na capital Francesa.

E tamén se salienta a apertura da Porta Santa, neste ano que o papa Francisco denominou coma Ano Xubileu da Concordia e as eleccións xerais.  Un resumo informativo que remata cuns puntos suspensivos, xa que a Televisión de Galicia segue achegando toda a actualidade, nacional e internacional dende unha perspectiva galega, no seu compromiso de servizo público. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: