CRTVG viva http://www.crtvg.es CRTVG viva Copyright 2023 Sat, 02 Dec 2023 13:01:07 +0100 Sat, 02 Dec 2023 13:01:07 +0100 gl http://www.crtvg.es http://www.crtvg.es/static/img/rss_logo_crtvg.png CRTVG viva O programa 'Bamboleo' contará este sábado coas actuacións de Nia e Xil Ríos http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-programa-bamboleo-contara-este-sabado-coas-actuacions-de-nia-e-xil-rios Sat, 02 Dec 2023 00:00:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-programa-bamboleo-contara-este-sabado-coas-actuacions-de-nia-e-xil-rios Santiago, 02.12.2023.-    ‘Bamboleo’ (22:55 h), o programa de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro, regresa este sábado coas actuacións de dous fantásticos artistas: Nia e Xil Ríos. A esencia da verbena galega chegará ao estudio da man dunha gran formación: a orquestra Olympus.

‘PaloSanto’ é o título do novo disco da canaria Nia. Gañadora do talent musical ‘Operación Triunfo’, hoxe interpretará temas deste traballo, que xira arredor da música latina e as súas raíces.

O cantante e compositor moañés Xil Ríos conta cunha extensa discografía na súa traxectoria musical. Esta noite cantará algunhas desas cancións que tanto influíron nas orquestras galegas.

No tempo dedicado ao baile profesional, Nérvif e Mireia encherán de ritmo a pista de baile con dúas exhibicións de salsa, modalidade da que son especialistas.

En ‘A Jrileira’ participarán catro comisións de festas: San Xoán de Vilanova, en Miño; Paradai, en Lugo; Santa María de Vilachá, en Monfero, e A Feira do Monte, en Cospeito. Das semifinais sairán dúas comisións gañadoras que se medirán cantando no karaoke e intentando adiviñar intérpretes.  

En ‘A Repesca’ participan as tres comisións perdedoras. O vencedor deste xogo terá a opción de participar en ‘A ITV do Amor’. Todo isto, baixo a atenta mirada dos ‘asesores do amor’: Isi, Damián Cortés, Claudio Pan e Javi Varela.

]]>
Novas TVG Programación TVG
A CRTVG, no debate sobre os medios de comunicación, a igualdade de xénero e a intelixencia artificial http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-crtvg-no-debate-sobre-os-medios-de-comunicacion-a-igualdade-de-xenero-e-a-intelixencia-artificial Tue, 28 Nov 2023 15:57:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-crtvg-no-debate-sobre-os-medios-de-comunicacion-a-igualdade-de-xenero-e-a-intelixencia-artificial Santiago, 28.11.2023.-    A adxunta á dirección xeral da CRTVG, Rosa Vilas, interviu este martes no V Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Baixo o título ‘Intelixencia artificial: unha ferramenta para a igualdade?’, esta edición reuniu destacados expertos en comunicación, desenvolvemento de ferramentas de intelixencia artificial e igualdade.

Rosa Vilas participou no panel-coloquio ‘Os medios de comunicación e a súa influencia no desenvolvemento dunha IA sen nesgos de xénero’, que tamén contou coa participación do responsable de Ciencia de La Voz de Galicia, Raúl Romar, e de Carolina González, redactora da publicación Computer Hoy.

O foro contou coa intervención de relatoras expertas e especializadas en intelixencia artificial, como a presidenta e fundadora do Observatorio del Impacto Social y Ético de la Inteligencia Artificial OdiseIA, Idoia Salazar; a investigadora principal de ARES, da Universidade de Deusto, Miren Gutiérrez; a correspondente de Xénero da Axencia EFE e gañadora do V Premio de Periodismo contra la Violencia de Género da Fundación Aliados por la Integración, Violeta Molina, e a redactora de Tecnoloxía do xornal ‘20 Minutos’ Raquel Holgado.

Canda elas tamén estiveron presentes Gabriela Bouret e Natalia Louzau, xefa de Análise de Datos e xornalista de ‘La Nación Data’ do xornal arxentino ‘La Nación’, primeiro que anunciou a creación de dúas ferramentas dixitais para tratar de promover a igualdade de xénero e dar cobertura a temas sensibles como o acoso, o suicidio, o bullying ou a diversidade.

O Congreso serviu tamén para coñecer as accións desenvolvidas pola Administración autonómica para intentar mitigar a desigualdade, o acoso e a violencia de xénero a través das novas tecnoloxías, da man da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez.

]]>
Novas CRTVG
Noelia Rey e Rocío Durán acompañarán a Xosé Ramón Gayoso nas badaladas da TVG en fin de ano http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/noelia-rey-e-rocio-duran-acompanaran-a-xose-ramon-gayoso-nas-badaladas-da-tvg-en-fin-de-ano Thu, 23 Nov 2023 15:58:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/noelia-rey-e-rocio-duran-acompanaran-a-xose-ramon-gayoso-nas-badaladas-da-tvg-en-fin-de-ano Santiago, 23.11.2023.-  O presentador Xosé Ramón Gayoso volverá presentar o ‘Especial badaladas’ da TVG na noite de fin de ano desde a praza do Obradoiro, onde estará acompañado polas presentadoras Rocío Durán e Noelia Rey, actualmente á fronte dos espazos ‘Hora galega’, nas tardes da TVG e do noticieiro de humor ‘Malicia noticias’.

 Gayoso pechará deste xeito un 2023 moi especial, no que mesmo se anunciou que abandonaba o estudio de ‘Luar’, o que propiciou ata un concurso entre quince presentadores para substituílo. A broma rematou hai unhas semanas coa súa volta á fronte do espazo máis querido da canle. Agora volverá tamén acompañar os galegos e galegas na conta atrás para estrear o ano 2024. 

A presentadora Rocío Durán triunfa na pantalla coa emisión do magazine das tardes ‘Hora galega’, estreado en 2022. Pola súa parte, a ourensá Noelia Rey é unha cara moi coñecida da TVG. A xornalista, que recolleu o Premio Circom ao Novo Talento en Pantalla 2022, presentou espazos como ‘Vaia troula’ e actualmente conduce o noticieiro ‘Malicia noticias’ en clave de humor no prime time da canle.

 

]]>
Novas TVG Novas CRTVG Programación TVG
Rosa Vilas recolleu o Premio Paraugas honorífico do Clúster da Comunicación en recoñecemento á súa carreira http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/rosa-vilas-adxunta-a-direccion-xeral-da-crtvg-recolle-o-premio-honorifico-na-viii-edicion-dos-premios-paraugas Sat, 18 Nov 2023 14:00:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/rosa-vilas-adxunta-a-direccion-xeral-da-crtvg-recolle-o-premio-honorifico-na-viii-edicion-dos-premios-paraugas Ferrol, 17.11.2023.- Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral da CRTVG, recolleu este venres o Premio Paraugas honorífico do Clúster da Comunicación de Galicia, en recoñecemento a súa traxectoria profesional. Nunha gala celebrada no Teatro Jofre de Ferrol, a xornalista foi homenaxeada pola súa carreira e como pioneira xa que foi a primeira muller en dirixir a Televisión de Galicia, no 2009.

Na súa intervención, Rosa Vilas agradeceu e recoñeceu o importante papel dos equipos da TVG na súa carreira e tivo tamén unha lembranza para outra xornalista pioneira, Rosa Martínez, recentemente falecida, compañeira e ex-directora da Radio Galega. Rematou as súas palabras adicando o premio aos seus dous fillos aos que agradeceu, emocionada, "o apoio incondicional e a vosa comprensión por tantas ausencias durante todos estes anos".

A traxectoria de Rosa Vilas (Cambados, 1966) está vencellada á historia dos medios públicos galegos, xa que antes de dirixir a canle de televisión fora tamén a primeira muller que exerceu como redactora xefa e subdirectora de informativos da TVG. Este Premio Honorífico dos VIII Premios Paraugas enxalza, por tanto, o seu destacado labor como xornalista e tamén o seu papel como pioneira no seu sector. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, en 1989 comezou a súa traxectoria na CRTVG, nos primeiros anos como presentadora e editora do ‘Telexornal mediodía’, e posteriormente en cargos directivos.

En 2014, Rosa Vilas pasou a ser a directora da División de Radio e Televisión de Galicia da CRTVG. Máis adiante, en 2017, foi nomeada directora adxunta á Dirección Xeral da CRTVG e, posteriormente, directora de Organización e Xestión do Cambio, adxunta á Dirección Xeral da CRTVG responsable do deseño e desenvolvemento da dixitalización e do modelo produtivo da CRTVG como operadora dixital multimedia, multiplataforma e multicanle. Ao longo da súa carreira profesional, Rosa Vilas recibiu distincións como o Premio Talento de Televisión da Academia da Televisión en 2014 ou o Premio Enrique Beotas na modalidade de entrevista en 2016.

Premios Paraugas

O Clúster da Comunicación de Galicia puxo marcha hai oito anos os Premios Paraugas para poñer en valor a calidade do traballo do sector da comunicación en Galicia. Cada ano, neste 2023 por primeira vez fóra de Ourense, os galardóns recoñecen traballos de creativos, axencias de publicidade, entidades, imprentas, e proxectos de comunicación de marketing feitos desde Galicia.

www.clustercomunicacion.gal

 

]]>
Novas CRTVG
As AcciónsG da CRTVG apoian a Convención dos Dereitos do Neno na Semana coa Infancia de Unicef http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/as-accions-g-da-crtvg-apoian-a-convencion-sobre-os-dereitos-do-neno-na-semana-coa-infancia-de-unicef Fri, 17 Nov 2023 13:26:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/as-accions-g-da-crtvg-apoian-a-convencion-sobre-os-dereitos-do-neno-na-semana-coa-infancia-de-unicef Santiago, 17.11.2023.-  No marco da súas AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa, a CRTVG desenvolve con UNICEF, entre o 20 e o 26 de novembro, a XIII Semana coa Infancia, unha campaña de concienciación en torno aos dereitos da infancia e arredor do Día Internacional do Neno.

Ao longo da semana, xornalistas e presentadores da TVG e da Radio Galega divulgarán os artigos recollidos na Declaración dos Dereitos da Infancia e Adolescencia coa finalidade de avanzar no seu cumprimento. Marta Darriba, Iria Soengas, María Solar, Terio Carrera, Eduardo Herrero, da TVG, e Kiko Novoa, Cristina García, Águeda Penedo, Antón Rebollido ou Victoria Rodríguez, da RG, entre outros, serán a voz e o rostro da campaña. 

 Ademais, programas informativos como ‘Bos días’, ‘A revista’, ‘Galicia noticias’, ‘Telexornal mediodía’, ‘Telexornal serán’, ou ‘Galicia por diante’, ‘A bóla extra’, ‘A tarde’, ‘A crónica’ e ‘Convivir’, colaborarán emitindo contidos e entrevistas relacionados coa actualidade internacional no eido humanitario, como o impacto do terremoto en Afganistán ou a devastadora situación que vive a infancia afectada polo conflito en Israel e Gaza.  

Así, no ‘Bos días’ do luns 20 entrevistarase a Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Galicia, e o mércores a Ana Sotto-Mayor, directora de comunicación. O domingo 26 contarase con José María Vera, director executivo de UNICEF España, quen trasladará as últimas novas sobre a situación da infancia na franxa de Gaza.

O magazine matinal ‘A revista’ acompañará o martes aos cativos no Pleno de Participación Infantil e Adolescencia de Redondela e emitirá, o xoves, unha entrevista con Lucía Regueiro, actriz, presentadora, e Amiga de UNICEF Comité Galicia. Tamén #DígochoEu editará un vídeo especial relacionado co impacto de internet e as redes sociais na adolescencia. No ‘ZigZag FdS’, María Solar, fará un percorrido polos artigos da Convención sobre os Dereitos do Neno relacionados coa cultura de nenos e adolescentes. 

 

As tardes da Galega e ‘Luar’, con UNICEF

 O magazine da sobremesa, ‘Quen anda aí’, convidará a María Solar, xornalista especializada en cultura, escritora e recente Amiga de UNICEF Comité Galicia, quen trasladará como promove ela o dereito á saúde, á participación e á educación da adolescencia na contorna dixital. Tamén na tarde, o programa de actualidade ‘Hora galega’ achegarase a un centro educativo e amosará o compromiso da rapazada cos Dereitos da Infancia e Adolescencia e a importancia da implicación social para acadar o seu cumprimento. E o venres 24, no prime time da TVG, ‘Luar’ emitirá unha edición especial para achegar á súa audiencia o traballo de UNICEF.  Na radio, espazos como ‘A tarde’ ou ‘Galicia en goles’ súmanse ao labor divulgativo con contidos relacionados coa educación en dereitos, o dereito á auga ou a implicación da cooperación descentralizada e do sector privado para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030. En ‘A tarde’, será o venres 24 cunha conversa coa presidenta de UNICEF Galicia e unha adolescente participante no Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente. Xa no tempo de deporte da fin de semana, o ‘Galicia en goles’ convidará rapaces que serán entrevistados e compartirán, durante uns minutos, tarefas de presentación con Xoán Galán, xefe de Deportes da emisora.

E pola súa parte, o magazine das tardes da fin de semana ‘Xuntos en directo’ implicarase co dereito á participación no III Encontro de Participación Infantil e Adolescente en Carballiño, e contará coa Amiga de UNICEF Lucía Regueiro como convidada.

A isto cómpre engadir o labor das canles dixitais da CRTVG, a través do cancelo #SemanacoaInfancia e da emisión de vídeos e pezas especiais sobre os dereitos da infancia e cunha canle temática en www.crtvg.gal. O proxecto #Sinxelo tamén fará vídeos e novas sobre esta temática.

 

A Convención sobre os Dereitos do Neno

A Convención sobre os Dereitos do Neno é un tratado internacional. En 1989 todos os países do mundo (excepto EUA) puxéronse de acordo en que debían existir leis que recoñecesen e protexesen os dereitos humanos dos nenos, nenas e adolescentes, e así naceu a Convención sobre os Dereitos do Neno: o tratado internacional que recoñece, protexe e fai visibles os dereitos da infancia.

 

]]>
Novas CRTVG Programación TVG
Falece a xornalista Rosa Martínez Rivada, exdirectora da Radio Galega http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/falece-a-xornalista-rosa-martinez-rivada-exdirectora-da-radio-galega Mon, 13 Nov 2023 14:26:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/falece-a-xornalista-rosa-martinez-rivada-exdirectora-da-radio-galega Santiago, 13.11.2023.-    Rosa Martínez Rivada (Vigo, 1947), xornalista cunha dilatada traxectoria profesional e directora da Radio Galega entre os anos 2009 e 2017, faleceu este sábado en Santiago de Compostela.

Ademais de desenvolver varias responsabilidades na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, foi redactora na Axencia Galega de Noticias e na emisora Radio Noroeste, en Vigo.

Nesa cidade puxo en marcha a delegación da Radio Galega. En 1995 asumiu o posto de redactora xefa nos informativos e desempeñou diferentes cargos que a levaron á dirección da emisora pública desde 2009 ata 2017, o mesmo ano en que se xubilou.

]]>
Novas RG Novas CRTVG
O programa da TVG 'Xente marabillosa', premio Iris da Academia de Televisión ao Mellor Programa Comarcal http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-programa-da-tvg-xente-marabillosa-premio-iris-da-academia-de-television-ao-mellor-programa-comarcal Thu, 09 Nov 2023 16:16:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-programa-da-tvg-xente-marabillosa-premio-iris-da-academia-de-television-ao-mellor-programa-comarcal Santiago, 09.11.2023.- O programa da TVG ‘Xente marabillosa’ acaba de ser premiado polo Consello da Academia de Televisión e as Artes Audiovisuais nos Premios Iris Autonómicos 2023. O Consello da entidade acordou entregar a este espazo o seu galardón na categoría de Mellor Programa Comarcal. Ademais de nos medios públicos galegos, o formato emítese nas autonómicas Canal Sur, Televisión Canarias e CMMedia. 

Doutra banda, a entidade outorgou o premio Mellor Presentadora Rexional a Jota Abril, do programa ‘Enjoy Madrid’ de Telemadrid. 

‘Xente marabillosa’ – ‘Gente maravillosa’ no formato en castelán  é un espazo que mostra o lado bo do ser humano e premia as persoas que actúan excepcionalmente nunha situación inxusta. Para iso, recrea con actores noticias reais de discriminación ou inxustiza social, co asesoramento de ONG e asociacións. As cámaras ocultas buscan a reacción de persoas anónimas e famosos neste contexto. Cando defenden a quen sofre un tratamento inxusto, o programa destaca o seu xesto e pono como exemplo civismo e bos valores. Eles e elas son esas persoas marabillosas. A TVG emite este programa, que presenta Lucía Rodríguez, os mércores pola noite no prime time.

O Consello da Academia tomou o acordo de premialo o pasado 6 de novembro nun pleno celebrado na Fundación Casa de México en España. É o máximo órgano da institución, con representantes na Xunta Directiva das distintas canles autonómicas e rexionais, plataformas dixitais e entidades de xestión de dereitos de autor. Participaron desta decisión profesionais de RTVE, TV3, Radio Televisión Canaria, Telemadrid, SGAE, Radio Televisión Castela e León, Netflix, Forta, Mediaset España, Fogar Dixital Entertainment Warner Bros Discovery, Abside Media-Cope Radio e Televisión de Canal Sur, Atresmedia TV Antena, EITB, Movistar PLUS+, The Walt Disney España, CMMedia, Fundación Casa de México en España, Prime Video e AcademiaTV. A CRTVG estivo representada polo seu director de Contidos Fernando R. Ojea.

 

]]>
Novas CRTVG
Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral da CRTVG, premio Paraugas Honorífico do Clúster da Comunicación de Galicia http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/rosa-vilas-1 Fri, 03 Nov 2023 16:03:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/rosa-vilas-1 Ferrol, 03.11.2023.-      Os Premios Paraugas, cuxa entrega de galardóns terá lugar o vindeiro 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol, recoñeceron co seu galardón honorífico a xornalista Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral da CRTVG, quen se converteu, no 2009 na primeira muller en ocupar o cargo de directora da Televisión de Galicia. O catalán Luis Bassat, un dos grandes referentes internacionais no eido publicitario, recibirá tamén un Premio Honorífico no marco da mesma edición dos galardóns.

A traxectoria de Rosa Vilas (Cambados, 1966) está vencellada á historia dos medios públicos galegos, xa que antes de dirixir a canle de televisión fora tamén a primeira muller que exerceu como redactora xefa e subdirectora de informativos da TVG. Este Premio Honorífico dos VIII Premios Paraugas enxalza, por tanto, o seu destacado labor como xornalista e tamén o seu papel como pioneira no seu sector. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, en 1989 comezou a súa traxectoria na CRTVG, nos primeiros anos como presentadora e editora do ‘Telexornal mediodía’, e posteriormente en cargos directivos.

En 2014, Rosa Vilas pasou a ser a directora da División de Radio e Televisión de Galicia da CRTVG. Máis adiante, en 2017 foi nomeada directora adxunta á Dirección Xeral da CRTVG e, posteriormente, directora de Organización e Xestión do Cambio, adxunta á Dirección Xeral da CRTVG responsable do deseño e desenvolvemento da dixitalización e do modelo produtivo da CRTVG como operadora dixital multimedia, multiplataforma e multicanle. Ao longo da súa carreira profesional, Rosa Vilas recibiu distincións como o Premio Talento de Televisión da Academia da Televisión en 2014 ou o Premio Enrique Beotas na modalidade de entrevista en 2016.

Pola súa banda, Luis Bassat (Barcelona, 1941) é un dos publicistas españois máis reputados e recoñecidos do panorama internacional. É o fundador e foi o presidente do Grupo Bassat Ogilvy de España, co-presidente e director creativo de Ogilvy Europa, África e Oriente Medio.

Premios Paraugas

A nova xunta directiva do Clúster da Comunicación de Galicia, con Alberto Garnil como presidente, presenta unha oitava edición dos Premios Paraugas renovada e con múltiples novidades. Os premios manteñen o obxectivo co que foron creados: poñer en valor a calidade do traballo do sector da comunicación en Galicia, a través dunha convocatoria con seis categorías nas que se enxalzarán proxectos de impresión, deseño, creatividade, márketing, comunicación e eventos. Dúas das novidades máis destacadas desta edición son a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro, que recoñecerá a candidatura máis destacada da edición, e o Premio Premio Paraugas Novos Talentos, co que se visibilizará o talento das novas xeracións.

]]>
Novas TVG Novas CRTVG
A consolidación do 100 % do cadro de persoal e o lanzamento da OTT, liñas mestras dos orzamentos da CRTVG http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/orzamentos-2 Thu, 02 Nov 2023 14:17:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/orzamentos-2 Santiago, 02.11.2023.- O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, compareceu esta tarde no Parlamento de Galicia para presentar o orzamento da Corporación correspondente a 2024, por importe de 131 millóns de euros. En comparanza co exercicio actual, esta previsión reflicte un incremento de 4,5 millóns de euros respecto do ano 2023, que está vinculado ao incremento salarial do sector público previsto na lei, á consolidación do emprego, así como ao investimento en innovación, nomeadamente na nova plataforma dixital de distribución de contidos.

Na súa intervención, Sánchez Izquierdo sinalou que a CRTVG pechou as contas dos pasados 14 exercicios en superávit, o que permitiu sanear a débeda herdada en 2009 de 51 millóns de euros e cunha temporalidade no emprego do 40 %. 14 anos despois a CRTVG liquidou a débeda bancaria na súa totalidade, e reduciu o resto de débeda en preto do 80 %. En canto á estabilidade do emprego, pasou dun 40 % de temporalidade a un proceso de consolidación en marcha do 100 % do cadro de persoal.

O director xeral explicou que estes orzamentos de cara a 2024 reflicten unha estrutura coherente de recursos que permitirán “atender os compromisos de gasto asociados á misión de servizo público que ten encomendada a Corporación”. O orzamento da Corporación sostense principalmente coas achegas da comunidade autónoma -123 millóns de euros- e con ingresos publicitarios, que para 2024 se prevén en 7,3 millóns, incrementando os algarismos deste exercicio.

Compromiso coa estabilidade no emprego

A Corporación afronta de cara ao 2024 a finalización do proceso de consolidación de emprego que suporá a estabilización do 100 % do cadro de persoal.

A dotación orzamentaria no que respecta aos traballadores ascende a 57,4 millóns de euros, 1,3 millóns máis que no exercicio anterior, recollendo deste xeito o incremento salarial previsto no eido público (+2,5 % de suba salarial e -0,2 % pola finalización o 31.03.2023 do programa da 1ª Experiencia na Administración Pública).

OTT, a nova plataforma, e máis investimento no audiovisual galego

O incremento orzamental de cara a 2024 responde así mesmo á inminente estrea da nova plataforma dixital OTT coa que a CRTVG disporá, no 2024, dunha oferta de contidos en liña ao xeito das actuais plataformas dixitais internacionais. Deste xeito, en clave de xestión, o orzamento 2024 contempla unha dotación para a adquisición de contidos destinados a nutrir a oferta asociada ao lanzamento desta plataforma, un incremento de orzamento que en boa medida redundará na industria audiovisual galega.

Ademais, este proxecto require de investimentos en modernización tecnolóxica previstas por 1.305.000 euros, que se investirán na renovación do sistema de produción dixital da TVG, así como no novo sistema de produción para a Radio Galega, o que redundará nas capacidades competitivas das canles públicas.

Fidelidade da audiencia

A audiencia da TVG segue a medrar acadando marcas históricas. Televisión de Galicia leva 13 meses pechando datos de audiencia por riba dos dous díxitos. E neste mes que acaba de rematar, acadou os mellores datos nun outubro desde hai dez anos, cunha cota do 10,8 % no conxunto da xornada e do 10,9 % no prime time, segundo reflicten os datos no medidor Kantar Media.     

Os servizos informativos foron referentes un mes máis, destacando a franxa do mediodía, entre as 13:30 e as 15:30 h, coa emisión do informativo de proximidade 'Galicia noticias' e o 'Telexornal mediodía', cunha cota nesta franxa do 18,3 % e a 1,3 puntos da seguinte canle (Antena 3, cunha cota do 17 %).

]]>
Novas TVG Novas CRTVG
A TVG pecha o mellor mes de outubro desde 2013 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-tvg-pecha-o-mellor-mes-de-outubro-desde-2013 Thu, 02 Nov 2023 11:50:00 +0100 http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-tvg-pecha-o-mellor-mes-de-outubro-desde-2013 Santiago, 02.11.2023.-     Televisión de Galicia leva 13 meses pechando datos de audiencia por riba dos dous díxitos. E neste mes que acaba de rematar, a Galega acadou os mellores datos nun outubro desde hai dez anos, cunha cota de pantalla do 10,8 % no conxunto da xornada, e do 10,9 % no prime time, a franxa de maior consumo televisivo do día, segundo reflicten os datos do medidor Kantar Media.

Os servizos informativos da Televisión de Galicia foron os referentes unha vez máis neste outubro, destacando a franxa do mediodía, entre as 13:30 e as 15:30 h., coa emisión do informativo de proximidade ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’, cunha cota nesta franxa do 18,3 % de luns a venres, a 1,3 puntos da seguinte canle (Antena 3, cunha cota do 17 %).

Por días, destacaron as cotas de pantalla con medias superiores ás acadadas no mes dos días laborables luns (10,9 %), martes (11,3 %), mércores (11,4 %), xoves (12,5 %) e venres (12,1 %). No prime time cómpre salientar os datos dos luns (11,1 %) coas emisións de ‘Operación Marea Negra’ e do ciclo de cine galego ‘Realmente G’, os xoves (12,5 %) con ‘Land Rober Tunai Show’, os venres de ‘Luar’ (11,9%) e os sábados con ‘Bamboleo’ (11,2%).

Por outra parte, TVG segue a ser unha das canles motor da rede de televisións autonómicas de FORTA, superando a este grupo en 2,3 puntos de cota. 

]]>
Novas TVG Novas CRTVG