Está pasando
	<description>Está pasando</description>
	<language>gl</language>
Está pasando
A Xunta destina 1,2 millóns de euros en axudas ao comercio 
As federacións e asociacións de comerciantes poderán beneficiarse dun novo programa de axudas da Consellería de Economía cun importe de 1,2 millóns de euros. 
Destinaranse a actuacións pra dinamizar a demanda comercial e promociona-las vendas. A axuda pode chegar ata os 112 mil euros, o que supón o 70 por cento do investimento, para as federacións que conten con 30 ou máis asociacións federadas. 
A Consellería de economía e industria ten abertas convocatorias de axudas por un total de 8 millóns de euros pra impulsa-lo sector.
Afectados polas preferentes de NGB maniféstanse na festa do Salmón de A Estrada 
	<content:encoded><![CDATA[Afectados polas participacións preferentes de Novagalicia banco manifáronse este mediodía no concello pontevedrés de A Estrada aproveitando a celebración dos actos da festa do Salmón.
 A mobilización fixérona ás portas do teatro Principal,onde se celebraba o acto do pregón e de concesión dos salmóns de ouro. Un galardón que este ano se lle concede, entre outros, ó secretario xeral de política lingüística, Valentín García. No acto tamén estaba o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez.  
As afectados reclaman a devolución íntegra dos seus aforros sen as quitas previstas polo FROB.]]></content:encoded>
Corea do Norte lanza un novo mísil de curto alcance 
	<content:encoded><![CDATA[Corea do Norte volve a disparar un mísil de curto alcance, o cuarto en menos de 24 horas. 
Xa onte lanzaran 3 mísiles máis de curto alcance no mar do Xapón. 
O réxime de Corea do Norte ten un novo xesto desafiante despois de varias semanas nas que rebaixara as súas ameazas contra Seúl e o seu aliado, Estados Unidos. 
Corea do Sur condea unhas accións que considera provocadores e pide que se retome o diálogo. 
As dúas Coreas están, tecnicamente, en estado de guerra.]]></content:encoded>
Falece un pescador en Muxía 
	<content:encoded><![CDATA[Un pescador, de 50 anos e veciño de Carballo, faleceu hoxe tras caer ó mar cando pescaba en Muxía. 
O suceso tivo lugar pasadas as once da mañá cando o seu compañeiro de pesca alertou ó servizo de urxencia do 112 de que o home caera ó mar na zona do campo de fútbol de Muxía e que se golpeara contra unhas rochas. 
Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación Altair e ó helicóptero Helimer 215. Tamén se trasladaron ó lugar voluntarios de Muxía, os servizos sanitarios e a Garda Civil.
Foi a embarcación Altair a que recuperou o corpo sen vida do pescador que foi trasladado ó porto de Camariñas.]]></content:encoded>
Unha delegación de embaixadores da UE visita mañá Galicia 
	<content:encoded><![CDATA[Unha delegación de embaixadores da Unión Europea chega mañá a Galicia cunha axenda centrada nos fondos europeos, na economía e na cultura. 
Analizarán asuntos como a correcta utilización dos fondos europeos que fixo Galicia e que lle permitiu abandonar a categoría de rexión menos desenvolvida en menos dunha década. Realizarán visitas de traballo a proxectos tecnolóxicos como o centro de investigación molecular e enfermidades crónicas da USC. 
Ademais acudirán ás empresas Feiraco e Inditex. 
A visita, segundo a Xunta, pretende incrementar a visibilidade de Galicia na UE, fomentar futuros contactos bilaterais e ser escaparate do Camiño de Santiago e a Cidade da Cultura
Ademais, proporcionará visibilidade á postura galega sobre os fondos europeos na recta final das negociacións do Marco Financeiro Plurianual 14-20]]></content:encoded>
Aparece o cadáver dun varón no porto de Ribeira 
En Ribeira, as forzas de seguridade recuperaron esta mañá o cadáver dun home que apareceu aboiando preto da dársena. 
O corpo pertence a un varón de 46 anos. Foi un veciño o que alertou á policía local da presenza do cadáver que se atopaba preto dunha pantalán onde están amarradas as lanchas pequenas.
Jorge Videla podería ser soterrado nas vindeiras horas en Mercedes, a súa cidade natal 
	<content:encoded><![CDATA[O cadáver do ex ditador arxentino Jorge Videla continúa na Morgue Xudicial de Bós Aires, onde se lle practicou a autopsia. O informe foi elevado xa ó Xulgado Federal da localidade bonaerense de Morón. Segundo o diario La Nación, Videla faleceu a causa das múltiples fracturas e unha hemorraxia interna provocadas por unha caída que sufrira hai unha semana mentres se estaba a bañar. Tiña 87 anos. 
    Segundo La Nación, a familia, que gardou un mutismo absoluto, tería previsto presentarse na morgue nas próximas horas para retira-lo corpo. Sempre segundo este diario, o enterro sería entre hoxe e mañá na cidade de Mercedes, a vila natal do ex ditador. Videla cumpría cadea perpetua por crimes contra a Humanidade. É un dos máximos responsables da desaparición de 30 MIL persoas durante a ditadura; entre os anos 1976 e 1983.]]></content:encoded>
Aumenta a tensión entre as dúas Coreas 
Corea do Sur despregou mísiles guiados de precisión nas súas illas fronteirizas do Mar Amarelo. Estes artefactos poden acadar as posicións da artillería de Corea do Norte.
Pola súa parte o réxime comunista de Pyongyang lanzou ó mar 3 mísiles guiados de curto alcance dende a súa costa oriental. As autoridades do país non fixeron de momento ningún comentario sobre estes lanzamentos. Para algúns expertos estariamos ante unha nova provocación do réxime de Kim Jon-un. Sen embargo dende Corea do Sur crén que probablemente o lanzamento fose un exercizo militar rutineiro.Con todo, e á marxe do despregue de mísiles, as forzas armadas surcoreanas reforzaron a vixilancia sobre as atividades do seu veciño do norte.
Urizar será reelixido hoxe Secretario Xeral de Eusko Alkartasuna 
Os sanitarios madrileños volverán hoxe sair á rúa en defensa dunha sanidade pública 
Novo ridículo de España en Eurovisión 
Novo masacre en Damasco nun atentado terrorista 
Frei Carballo é xa arcebispo de Belcastro 
	<content:encoded><![CDATA[José Rodríguez Carballo xa é arcebispo da Igrexa católica. En concreto da diócese italiana de Belcastro. Foi ordenado polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone, na catedral de Santiago de Compostela. Concelebraron o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o cardeal Carlos Amigo, que como o propio Carballo, viviu moitos anos en Compostela. Frei Carballo, ata o de agora Ministro Xeral da Orde Franciscana, fora nomeado polo Papa novo Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.
    Na cerimonia desta tarde participaron un total de 8 cardeais, 4 nuncios, 10 arcebispos e 15 bispos. Na súa homilía, Bertone fixo un repaso pola vida de Frei Carballo. O novo arcebispo agradeceulle ó Papa Francisco a confiada depositada nel e na orde dos franciscanos e tivo tamén palabras de lembranza para seus pais, xa falecidos. Está previsto que o Secretario de Estado Bertone celebre mañá unha misa privada na cripta da catedral. Logo regresará ó Vaticano.]]></content:encoded>
A familia de Videla mantén en secreto o destino final dos restos 
	<content:encoded><![CDATA[A familia de Jorge Rafael Videla, falecido este venres ós 87 anos, mantén en secreto cál será o destino final dos restos do ex dictador, que permanecen nunha morgue de Bós Aires.
Videla foi achado morto no cárcere da localidade bonaerense de Marcos Paz, onde cumpría varias condenas de prisión perpetua por delictos de lesa humanidade cometidos durante a última dictadura militar.
Jorge Rafael Videla non recibirá ningunha honra militar no funeral por decisión do Ministerio de Defensa arxentino.
Os xornais arxentinos publican hoxe preto dunha vintena de esquelas nas que se lembra a Videla como alguén inxustamente encarcerado e como lider da guerra contra a subversión.
Varias das mensaxes, publicadas no xornal "La Nación", están asinados por exmilitares, pero ningún pola súa familia.]]></content:encoded>
Milleiros de persoas saen ás rúas en Italia 
	<content:encoded><![CDATA[Milleiros de personas manifestaronse en Roma contra as políticas do Goberno italiano e esixiron ó novo primeiro ministro, Enrico Letta, que abandone as medidas de austeridade e se concentre en crear empregos para sacar ó país da
recesión.
A manifestación, convocada pola Federación de Obreiros  Metalúrxicos e apoiada por outros sindicatos e partidos da esquerda, discorreu entre lemas como "Non podemos agardar máis" ou "As fábricas baixo o control dos empregados".
Os manifestantes esixiron un cambio a favor da creación de emprego como prioridade fronte a valores como o refinanciamento da débeda.
Este venres, o Executivo italiano aprobaba as primeiras medidas económicas de calado. Entre elas destinar uns 1.000 millóns de euros a refinancia-lo fondo público para os expedientes de regulación de emprego temporais.]]></content:encoded>
Pechados no Rectorado da Complutense 
	<content:encoded><![CDATA[Medio cento de estudiantes continúan pechados no Rectorado da Universidade Complutense de Madrid para protestar pola anulación de matrículas de aqueles alumnos que non poden custea-las.
Este domingo finaliza o prazo pra facer efectivas as matrículas. Os pechados piden unha prórroga ata setembro e o fraccionamento dos pagamentos por mensualidades.
Ademáis, solicitan a implantación de un sistema de bolsas de emerxencia para aqueles alumnos que demostren que non poden paga-la matrícula durante os próximos 12 meses.]]></content:encoded>
As primeiras vodas homosexuais en Francia poderían celebrarse a finais de mes 
	<content:encoded><![CDATA[Despois de que hoxe se promulgara a lei de matrimonio entre persoas de ambos sexos, a alcaldesa do concello de Montpellier sinalou que o 29 de maio celebrará un enlace. 
Os futuros esposos son o responsable do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais de Montpellier e a súa parella dende hai sete anos. 
O texto lexislativo foi publicado hoxe no Diario Oficial un días despois de que o consello Constitucional lle dera o seu visto e prace.
Hollande xa avanzara que promulgaría canto antes a lei para poñer fin ás manifestacións dos opositores. 
Francia é o oitavo país da Unión Europea en legalizar a unión entre persoas do mesmo sexo.]]></content:encoded>
Rucalba afirma que pedirá a revisión dos acordos co Vaticano se o PP non cambia a LOMCE 
	<content:encoded><![CDATA[O PSOE anuncia que pedirá que se revise o acordo co Vaticano se se mantén a reforma educativa nos termos aprobados onte polo Consello de Ministros. 
O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, destacou que a LOMCE é a reforma educativa con maior consenso en contra da historia. 
   Rubalcaba sinalou que a reforma educativa é unha norma que segrega. Critica o líder dos socialistas que a materia de relixión puntúen para obter unha bolsa ou para entrar nunha carreira. Asegura que " se a dereita nos leva ós 80, os socialistas estamos lexitimados para regresar a esa década e revisar os acordos coa Santa Sé".]]></content:encoded>
A Catedral acolle o acto de ordenación como bispo de Frei José Rodríguez Carballo 
	<content:encoded><![CDATA[O ministro xeral da Orde Franciscana, Frei José Rodríguez Carballo, será ordeado bispo esta tarde na Catedral de Santiago de Compostela. Unha cerimonia que estará presidida polo secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone.
O acto central comezará ás cinco e media cando a comitiva percorra a pé o traxecto entre o convento de San Francisco e a Catedral de Santiago. 
A cerimonia relixosa dará comezo ás seis da tarde. Ademais de numerosas personalidades coma o presidente da Xunta, haberá unha nutrida representación de membros da Orde Franciscana, oito cardeais, dez arcebispos e 15 bispos. 
Frei José Rodríguez Carballo indicou nas últimas horas que malia que todo estaba preparado para que a súa ordenación se celebrase no Vaticano, o lugar cambiouse por Santiago a petición propia.
Frei José Rodríguez Carballo foi nomeado polo Papa Francisco novo secretario da congregación prós institutos de vida Consagrada e as Sociedades de vida Apostólica, dos que forman parte máis dun millón de relixiosos. 
Nunca antes un galego acadara un cargo de tanta relevancia na Santa sé, e de feito é o primeiro que chega á curia romana.]]></content:encoded>
O segundo premio da Lotaría Nacional recae en Vilagarcía de Arousa 
	<content:encoded><![CDATA[Vendido en Vilagarcía de Arousa o segundo premio da lotaría nacional. O número, o 13.015, está dotado cun premio de 120 mil euros. Este segundo premio tamén reaceu en Madrid e Sevilla. 
O primeiro premio, o 41.948 e dotado con 600 mil euros, vendeuse en Madrid capital e en Móstoles.]]></content:encoded>