Xosé María Fernández Pazos

Xosé María Fernández Pazos

Apaixonado da radio desde a adolescencia, Xosé María Fernández Pazos é un dos históricos da Radio Galega onde leva desde a súa fundación en 1985.

Na emisora pública forma parte do cadro de persoal de informativos, labor que desenvolveu paralelamente con programas de actualidade, entrevistas, o mar e o agro, novas tecnoloxías, a emigración ou a historia.

Actualmente dirixe o programa de novas tecnoloxías Banda Ancha e é responsable do arquivo sonoro da Radio Galega.

Compartir en Facebook