María Xosé Rivero
Ola a todos, son María Xosé Rivero: escorpio, paciente, teimuda e soñadora de nacemento; e falando de soños...na noite moitos soñan, e outros coma mín espertan na metade da vida na que o mundo permanece en silencio... por iso, nas fins de semana Quedamos na galega, un programa de madrugada para a humanidade alternativa que comparte as súas inquedanzas con outra amiga diferente á almofada.
Un tempo para rir, para evadirse, para coñecer o lado insólito das cousas, para saber de ti... unha cita á que todos estades convidados.
