CRTVG

Buscar
Onda Vital
Suscríbete a
Onda Vital
Últimos Capítulos
Últimos Capítulos

Onda Vital

Onda Vital concíbese como un programa de expansión da música galega, aberto a todo o sector en Galicia. No seu tempo terán cabida entrevistas, gravación e emisión de concertos de bandas galegas, ou mesmo a sección Venham mais 5, en que semanalmente Lara Tigre convidará outras persoas a ‘picar’ no espazo as súas cinco cancións favoritas en galego.

Venham mais 5 converterá en picadiscos todos os músicos e músicas de Galicia, pero tamén os demais implicados no sector: programadoras/es, técnicos/as, produtores/as, etc.

A xornalista que está detrás da DJ Lara Tigre, Xiana Arias (A Fonsagrada, 1983), traballa no Diario Cultural da Radio Galega desde hai dez anos. É tamén escritora, publicou os poemarios 'Ortigas' e 'Acusación', é baixista da banda 'Atrás Tigre' e protagonista e cantante no libro-cd 'Sira e o robot. Adventures on Titan'.

Valoración
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí