CRTVG

Buscar
Musigalité

Musigalité

Musigalité é unha experiencia televisiva, radiofónica e dixital a través de contidos multimedia sincronizados e contados cun estilo fresco e actual

Musigalité

Musigalité é o nome dunha aposta do ente público polas novas tecnoloxías. Unha experiencia televisiva, radiofónica e dixital a través de contidos multimedia sincronizados e contados cun estilo fresco e actual.

A primeira tempada de Musigalité inclúe 13 programas de televisión e outros tantos de radio. En cada un deles, coñecemos tres grupos galegos de música alternativa, cos que podemos viaxar ao redor de Galicia durante 30 minutos. Cada capítulo está a disposición do público na Internet, onde se engaden contidos extra relacionados cos 39 artistas participantes, concertos, cancións, etc. 

O fío condutor de Musigalité é o relato dalgunhas das bandas de máis sona en Galicia. Utilizando un estilo roadtrip documental, cada grupo amosa a súa música e as súas raíces, acompañándoas de actuacións en vivo. 

Grupos como Moon Cresta, Maryland, Victor Coyote, lván Ferreiro, Carlos Jean, Triángulo de Amor Bizarro, Miguel Costas, The Soul Jacket e moitos mais están a experimentar un gran auxe. “Musigalité” dálle eco a esta eclosión da música galega alternativa.

Musigalité conta cun espazo dixital (www.musigalite.gal), que incorpora todas as posibilidades das novas narrativas transmedia que mostran una vez máis o compromiso da CRTVG por incorporar as últimas tendencias en medios audiovisuais, así como a súa aposta pola innovación.   

O novo espazo dixital permite dun xeito fluído e sinxelo incorporar contidos extra de diversa natureza (vídeo, audio, fotos, textos…) complementarios e sincronizados cos contidos audiovisuais que se verán na programación televisiva. Cada espectador pode construír a súa propia experiencia personalizada, xa que será quen de escoller como quere ver o seu contido na rede e que contidos complementarios incorpora ao relato central. 

Valoración
  • 3,1176470588235
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí