Máis para escoitar
Diario Cultural do día: 05/01/2012
Programa especial do Diario Cultural sobre o falecemento do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo.
Diario Cultural do día: 28/11/2011
Comeza a Feira Internacional do Libro de Guadalajara, a mais importante de iberoamerica. Reportaxe sobre a FIL e conversa co presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado.
Diario Cultural do día: 23/11/2011
Reportaxe sobre o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80 revolucións por minuto" publicado por Xerais. Unha crónica dos fenómenos musicais e culturais do Vigo dos anos oitenta.
Diario Cultural
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación que a Radio Galega emite desde outubro de 1990.
O Diario Cultural, conducido por Ana Romaní, é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Podes contactar co noso programa no teléfono 981 540 924, no enderezo electrónico diariocultural@radiogalega.es e no noso Facebook.
CONTESTADOR AUTOMÁTICO: 981 540 530
Horas de emisión:
Lu
- 15:07 / 16:00
Ma
- 15:07 / 16:00
Me
- 15:07 / 16:00
Xo
- 15:07 / 16:00
Ve
- 15:07 / 16:00
Sa
Do
Valoración
