CRTVG

Buscar
Deriva Atlántica
Contacta con
Deriva Atlántica
Suscríbete a
Deriva Atlántica

Deriva Atlántica

Todas as noites deixámonos levar pola Deriva Atlántica nunha viaxe musical que nos achega a moitos lugares e culturas comunicados por este inmenso océano. Esta noctámbula singradura permítenos atravesar as augas de países como O Brasil, A Arxentina, Portugal, Malí, O Camerún, O Canadá, os Estados Unidos, etc.

Os estilos son diversos: world music, blues, pop, étnica, jazz, folk. Os artistas que nos visitan cada noite son clásicos como Louis Armstrong ou Billie Holiday, contemporáneos como Pat Metheny, Paolo Fresu ou Richard Bona, ou sinxelamente descoñecidos para o gran público como Keb Mo, John Legend ou India Arie.

Derivamos de luns a xoves de dúas a tres da mañá. Presenta Pepe Carreira.

Valoración
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí