-
05/09/2020 / 00:04 h05/09/2020 / 19:00 h03/09/2020 / 21:00 h02/09/2020 / 21:00 h01/09/2020 / 21:00 h31/08/2020 / 21:00 h30/08/2020 / 19:00 h
-
29/08/2020 / 00:04 h29/08/2020 / 19:00 h28/08/2020 / 21:00 h27/08/2020 / 21:00 h26/08/2020 / 21:00 h25/08/2020 / 21:00 h24/08/2020 / 21:00 h
-
23/08/2020 / 19:00 h22/08/2020 / 00:04 h22/08/2020 / 19:00 h21/08/2020 / 21:00 h20/08/2020 / 21:00 h19/08/2020 / 21:00 h
Déitate
'Déitate' é un espazo desenfadado con monólogos, imitacións, sketchs e curiosidades cun ton branco e familiar, pero tamén orientado á rapazada de hora golfa, insomnes e o que marcha tarde á cama ou quere quedar un cachiño máis escoitando a radio porque non madruga ao día seguinte. Pero non só haberá humor, tamén curiosidades que día a día enchen a nosa vida.
Carlos conta cada semana con convidados especiais e con Roi da Costa e Brais Doval como colaboradores fixos. Coa participación imprescindible dun mago da técnica e da creatividade radiofónica, Ernesto Mosquera, camíñase -pegados ás RRSS- entre risos e anécdotas por un programa dunha hora dinámica, divertida e, sobre todo, entretida para calquera que enganche a radio sexa o momento que sexa.
'Déitate' conta con moitas seccións: Deportillando, personaxes imitados partillando con humor do deporte semanal; Errantes, erros e gazapos tanto en radio, tele como en prensa galegos e nacionais; Válgame, un espazo tipo Sálvame co máis destacado do corazón; Gastrónimos, lugares e receitas para comer máis ou menos anónimos coa participación de Ferrá Adriá; O que non me pase a min, anécdotas que lle ocorreron aos nosos colaboradores, Hai un Galego na Lúa: alí onde hai unha noticia, hai un galego polo medio fixo! ou Que pasa nas Redes, onde repasamos o máis destacado e máis preto de nós nas RRSS.
Horas de emisión:
- 00:00 / 01:00
- 00:00 / 01:00