Máis para escoitar

Crónica das dúas do día: 18/09/2011

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, contestou ás preguntas do xornalista Xavier Ares na "Entrevista da Semana".

Crónica das dúas do día: 11/09/2011

A entrevista: Alberto Núñez Feijóo. O presidente da Xunta anuncia na Radio Galega a presentación do recurso de inconstitucionalidade polo modelo de financiamento. Feijóo sinala que é "cuestión de días" que o Goberno galego dea luz verde a NCG para operar como banco. Fixo repaso polos temas de actualidade nunha entrevista feita polo xornalista Xavier Ares.

Capítulo do día: 08/07/2011

Coñecemos as novas do día e afondamos sobre o viaxe do home á Lúa en clave cinematográfica.
Compartir en Facebook

Crónica das dúas

Celia Rúa é a responsable de Crónica das dúas, o informativo que chega na hora clave, no cerne da xornada na que a actualidade está auténticamente viva. O ointe ten aquí a oportunidade de coñecer en detalle o que pasa no seu contorno en tódalas ordes e ámbitos, en tempo presente, nun momento en que o día vai a medio camiño.

Trátase, por tanto, dun espazo de noticias especialmente fresco con conexións en directo cos puntos onde se desenvolven os feitos que son noticia que reciben así un tratamento informativo de primeira man.

Aquí tamén está o pulso continuo e permanente de canto acontece maís alá do noso contorno de proximidade; en puntos non tan cercanos no espazo pero de incidencia na nosa vida, especialmente nos eidos económico e político.

Horas de emisión:

Lu
  • 14:00 / 15:07
Ma
  • 14:00 / 15:07
Me
  • 14:00 / 15:07
Xo
  • 14:00 / 15:07
Ve
  • 14:00 / 15:07
Sa
Do
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.