Convivir en Igualdade
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado.
Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
Podes contactar co noso programa no teléfono 981 540 974 e no enderezo electrónico convivirenigualdade@radiogalega.es.
Horas de emisión:
Lu
- 19:00 / 20:00
Ma
- 19:00 / 20:00
Me
- 19:00 / 20:00
Xo
- 19:00 / 20:00
Ve
- 19:00 / 20:00
Sa
Do
Valoración
