Programas coa categoría Musicais

  • Allegro moderato

    Allegro moderato

    A música clásica desde outro punto de vista. Concertos de produción propia da Radio Galega, recollidos en todos os puntos da territorio de Galicia. As tempadas íntegras da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia, en gravacións exclusivas. Ademais, unha visión xeral de toda a música clásica que se fai actualmente no país, con gravacións dos ciclos de cámara, os festivais e as estreas musicais máis importantes.

    Dirixido, presentado e realizado por Pablo Barreiro.

  • Astrolabio

    Astrolabio

    Programa musical especializado en folk e world music desde unha perspectiva aberta, seguindo as pegadas que a tradición oral deixa nas músicas actuais que dun ou doutro xeito se caracterizan pola presenza de elementos étnicos das culturas do planeta. Astrolabio, conducido por Rodrigo Romaní, non é un programa de crónica da actualidade senón un espazo para gozar da calidade da música coidadosamente escollida en cada edición.

  • Ciclo de concertos AUTOR 3.0

    Ciclo de concertos AUTOR 3.0

    Unha iniciativa da Fundación Autor e Radio Galega Música.

     

  • Clasicoscopio

    Clasicoscopio

    Clasicoscopio, presentado por Paulo Sampedro, é unha galería desde a que se abren diferentes xanelas cara a música clásica.

  • Concerto popular

    Concerto popular

    Programa dedicado ao mundo das bandas de música. Emisión de gravacións de produción propia da Radio Galega, realizadas polo Servizo de arquivo sonoro, de concertos das bandas de música de toda Galicia. Novidades, entrevistas, estreas de composicións para banda e música tradicional.

    Dirixido e presentado por Pablo Barreiro, coa colaboración técnica de Carlos Lozano e Miguel Novás.

     

  • Deriva Atlántica

    Deriva Atlántica

    Pepe Carreira conduce Deriva Atlántica, un espazo que intenta ofrecer músicas que xeralmente están esquecidas, que non se escoitan nas emisoras comerciais.

     

  • Especial
  • Estrano froito

    Estrano froito

    A música como nexo de unión, a liberdade reflectida nos sons e unha intanxible reunión de talentos, que nos ofrecen o mellor da música de jazz no mundo enteiro. Todo isto é Estrano froito, programa conducido por Pilocha e aderezado co estímulo dos músicos do país e un público fidelísimo.

  • Estudio 3

    Estudio 3

    A música en directo, ingrediente principal dun programa conducido por Ricardo Alonso co que te podes deleitar de luns a venres (de 15:00 a 17:00 h e, de novo, de 21:00 a 23:00) en radio galega música. Saúde e rock&roll.

  • Fondos Reservados

    Fondos Reservados

    Os éxitos musicais das tres últimas décadas. Esas cancións para escoitar e, por suposto, sempre situándoas no seu momento e lembrando anécdotas ou historias ocultas que teñan estas cancións. Con Moncho Lemos.