Programas coa categoría Magazines

  • A Tarde

    A Tarde

    • 5

    Revista de información e entretemento conducida por Cristina García.

  • Aquí Galicia

    Aquí Galicia

    Xusto López Carril dirixe Aquí Galicia, unha revista informativa, un espazo dedicado exclusivamente á información pero que integra na súa estrutura un esquema similar aos programas de variedades.


     

  • Barlovento

    Barlovento

    Programa dedicado a impulsar os deportes náuticos: a vela, o remo, o surf, a motonáutica, o mergullo... Con Xusto López Carril.

  • Come e fala

    Come e fala

    O programa Come e Fala, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2010, trata de achegarnos un pouco máis a gastronomía, a enoloxía, aos produtos e produtores, cociñeiros e cociñeiras da nosa terra Galicia. Conducido por Xosé Manuel García.

  • Galicia por Diante

    Galicia por Diante

    Baixo a dirección de Kiko Novoa, Galicia por Diante lidera as primeiras horas do día, con micrófonos en todos os recunchos do país e a análise máis rigorosa.

  • Milenio

    Milenio

    Milenio é un programa de temática especializada sobre os enigmas do pasado e do presente, que conduce Antón Rebollido.

  • Pensando en Ti

    Pensando en Ti

    • 5

    Os oíntes deste programa conducido por Luís Rial comparten en directo a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

  • Preescolar na casa

    Preescolar na casa

    Programa semanal de media hora de duración co que a Fundación Preescolar na Casa quere difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar. Un espazo en que se pretende acompañar a familia na aventura de crecer e no desafío de educar, ademais de ofrecer respostas ás preguntas e dúbidas que esperta a crianza dos fillos.

  • Quedamos na Galega

    Quedamos na Galega

    Unha cita nas madrugadas da fin de semana para os oíntes que espertan cando a maioría do planeta dorme. Conducido por María Xosé Rivero.

  • Ríos e Montes

    Ríos e Montes

    En Ríos e Montes tratamos de achegarlles aos oíntes a actualidade da caza, da pesca, do turismo natural e de aventura no país galego, sen esquecerse daquelas noticias nacionais de máis interese para cazadores, pescadores e amantes da natureza de Galicia. Conducido por Miguel Piñeiro.