A Tarde
Revista de información e entretemento conducida por Cristina García.
Comezamos cada Tarde con actualidade. Os temas máis comentados do día, as noticias máis relevantes ou os "trending topics" teñen cabida neses primeiros momentos de programa. A Tarde dános tempo tamén para deternos en asuntos que requiren ser tratados dende varios puntos de vista ou que precisan ser analizados en profundidade. A cociña, as novas tecnoloxías, o cine, a decoración ou os recordos doutros tempos chegan á Tarde da man de colaboradores como Marcus Fernandez, webmaster de codigocero.com, Xabier Picallo, director e autor teatral, Cristina Lorenzo, autora do blog kanelaylimon ou a decoradora María Moar. E non nos esquecemos da música. A Tarde está aberta á visita dos autores de música galega de calquera estilo.
Podes contactar co noso programa no teléfono 981 540 934, no enderezo electrónico atarde@radiogalega.es e no noso Facebook.
CONTESTADOR AUTOMÁTICO: 981 540 520
Horas de emisión:
- 16:00 / 19:00
- 16:00 / 19:00
- 16:00 / 19:00
- 16:00 / 19:00
- 16:00 / 19:00
