Os máis destacados en Programas
-
A crónica
O xornalista Luís Ojea encárgase do último programa informativo do día e, polo tanto, dun espazo fundamental en que teñen cabida as noticias máis importantes do día na súa integridade, cos seus antecedes e precedentes e, sobre todo, en clave de análise.
-
Allegro moderato
A música clásica desde outro punto de vista. Concertos de produción propia da Radio Galega, recollidos en todos os puntos da territorio de Galicia. As tempadas íntegras da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia, en gravacións exclusivas. Ademais, unha visión xeral de toda a música clásica que se fai actualmente no país, con gravacións dos ciclos de cámara, os festivais e as estreas musicais máis importantes.
Dirixido, presentado e realizado por Pablo Barreiro.
-
Galicia en Goles
Información actualizada do fútbol galego e doutras competicións e modalidades deportivas.
Xoán Galán presenta o programa.
-
Galicia por Diante
Baixo a dirección de Kiko Novoa, GxD lidera as primeiras horas do día, con micrófonos en todos os recunchos do país e a análise máis rigorosa.
-
Pensando en ti
Os oíntes deste programa presentado por Marcial Mouzo comparten en directo a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
De 2:00 a 6:00 da madrugada, de luns a venres