Podcast
UPM58: Centro Galego de Londres, Ialma e Plácido Castro
Coñecemos o pasado e presente do Centro Galego de Londres. Colectivos da nova diásporalondiniense reclaman que a entidade organice máis actividades relacionadas co fomento da linguae a cultura.
O grupo galego-belga Ialma preséntanos os seus dous novos proxectos: Gaizka Project, no que comparten escenario co músico vasco Iñaki Plaza e o instrumentista catalán Manu Sabaté, e maiso disco "Alegria e libertá", no que unen as súas voces á da italiana Lucilla Galeazzi.
Recordamos a Plácido Castro, un verdadeiro galego mundial. Xornalista, tradutor e figura importante do galeguismo,os seus anos no Reino Unido convertérono nunha ponte co mundo anglófono.