CRTVG

Buscar

Podcast

UPM61: Voto exterior, galegos nos USA e #Camiños

19/03/2019 - 00:04 h

Seguimos acompañando o proceso para votar desde outros países. María Rial, galega emigrada a Berlín e integrante do movemento Marea Granate, explica os motivos polos que piden a derrogación do voto rogado. Fernando Lema, delegado provincial da oficina do censo electoral na Coruña, achéganos os números do voto exterior. 

Desde Arizona, a profesora viguesa Ana Varela-Lago debulla os principais trazos da emigración galega aos Estados Unidos.

#Camiños, da compañía Butaca Zero, é un dos espectáculos finalistas aos premios María Casares. Un encontro millennial coas raíces que tamén fala da emigración.

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí