CRTVG

Buscar

Podcast

UPM57: Rapazada de Guitiriz e Miriam Reyes

19/02/2019 - 00:04 h

Neste episodio de Un país mundial falamos de migracións con adolescentes. A rapazada do IES Poeta Díaz Castro deGuitiriz comparte connosco as historias migratorias das súas familias e tamén as que viviron en primeira persoa. De Ourense a Caracas marchou Miriam Reyes con apenas oito anos. Á súa volta á Península converteuse nunha voz moi relevante da poesía en español e acaba de publicar o seu primeiro libro en galego. 'Sardiña', publicado por Chan daPólvora, é un libro sobre a emigración dedicado ao seu avó, do que tivo que separarse ao marchar para Venezuela. A #CanciónMigrante desta semana pona Najla Shami. 'Tecín soia' é un poema de Rosalía de Castro que describe a soidadeproducida pola emigración tamén en quen ficaba en Galicia. É unha das pezas que Shami incluíu no seu disco 'Na lingua que eu falo', 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí