CRTVG

Buscar

Podcast

UPM60: Votar desde Finlandia e 'Té con gotas' en Londres

12/03/2019 - 00:04 h

Neste episodio de Un país mundial recordamos os prazos e procedementos para que os galegos no exterior poidan votar nas eleccións xerais do 28 de abril. Facémolo a través da experiencia dun desenvolvedor de software grovense que vive en Finlandia. 

Coñecemos Té con gotas, un podcast galego feito en Londres. Os xornalistas Miguel Rodríguez e Duarte Romero entrevistan profesionais galegos emigrados ao Reino Unido e comentan a actualidade política británica a través dun podcast e mais nun boletín de noticias. 

Escoitamos dúas cancións migrantes presentadas polas súas autoras: Belo horizonte, dos grupos Esposa e Pantis, e mais Terras de canto, unha das pezas do disco Alegria e libertà de Ialma. 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí