CRTVG

Buscar

Podcast

Os Almorzos: Josep Rull, coordinador xeral de Convergència Democràtica de Catalunya

24/09/2014 - 09:28 h

Nunha entrevista no "Galicia por diante", o político catalán insistiu en que a Generalitat "non contempla outros escenarios", en relación a un hipotético adianto electoral.

Rull lamentou que o Goberno de Rajoy non teña a mesma vontade de dialogar que tivo o Executivo británico co caso de Escocia, circunstancia que interpreta como unha mostra de debilidade do Executivo español.

 "Os fortes dialogan, os débiles impoñen", afirmou. Dixo ademais: "A gran fábrica de independentistas cataláns chámase Mariano Rajoy" pola súa visión "pechada" de España e da Constitución. E cualificou o proceso soberanista como "irreversible", porque unha parte importante da sociedade catalá "xa non se recoñece en España".

O coordinador de Convergència cualificou tamén de decepcionante a chegada de Pedro Sánchez como líder do PSOE, de quen dixo que trae "formas novas e  políticas vellas".

Rull tamén falou da fraude fiscal de Jordi Pujol. Interrogado sobre se CiU votará a favor dunha comisión de investigación sobre o caso, o coordinador da formación dixo que agardarán a escoitar as explicacións que dea Pujol o venres no Parlamento catalán para tomar unha decisión.

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí