CRTVG

Buscar

Podcast

De San Pedro de Atacama ao Salar de Uyuni, o espello máis grande do mundo, con Martín Peleteiro

29/05/2021 - 06:04 h

No capítulo 28 de Lambóns de Viaxe faremos unha das expediciós máis apaixonantes que existe na actualidade, a ruta do Deserto do Atacama ata o Salar de Uyuni. No camiño, a máis de 4.000 metros de altitude, guiaranos o santiagués Martín Peleteiro, un namorado desta fermosísima área andina. Comezaremos en Santiago de Chile, voaremos ata San Pedro de Atacama, cruzaremos a fronteira con Bolivia e, logo dun percorrido en que nos sentiremos pilotos do Dakar, remataremos no inmenso Salar. Apuntade citas e momentos irrepetibles como Río Grande, Géiseres do Tatio, Hito Cajón, Deserto Salvador Dalí, Volcán Lincabur a Lagoa Colorada e, por suposto, o espectacular Salar de Uyuni.